Director: Danny Boyle
Actor principal: James Franco
Sinopse:
Aron é un enxeñeiro con alma de aventureiro, dende fai tempo adoita acampar só no canón Blue John.
Tan confiado está de si mesmo que non lle di a ninguén a onde vai, ninguén sabe que despois dunha aparatosa caída quedoulle a man atrapada debaixo dunha gran rocha no fondo do canón…
Crítica:
De novo atopámonos cunha película baseada en feitos reais, e de novo atopámonos cunha película que non está de máis ver (se aguantas a claustrofobia e a grima que che poida dar unha man esmagada por unha gran rocha).
Nada máis empezar o filme atopámonos cunha estética curiosa, en contraste coa soidade que nos transmite en xeral o filme, o principio e o final queren darnos unha idea do mundo como “colmeas”, onde cada quen fai o seu traballo sen mirar ó que ten ó lado.
Por outra banda o xeito de representar a reacción dun home en tal situación é, como mínimo, aceptable. Vemos a loita contra si mesmo no fondo do canón e como pouco a pouco Aron vai perdendo o caletre.
Porén, tamén nos atopamos ante un filme que non nos achega nada novo que non puidéramos ver xa noutras películas como “Buried” ou incluso nalgunha de “Saw”; e é por isto que dentro do que é, non destaca nin sorprende.
Valoracións:
IMDb: 7.8
FilmAffinity: 6.9
Persoal: 7

