Por que nos gusta tanto pasar medo? É que somos parvos?

Estamos nas vésperas de Halloween, nesta época as rúas énchense de todo tipo de personaxes peculiares: vampiros, meigas , cabazas diabólicas…

A pesar de que cada vez é unha festa máis comercial, moita xente segue celebrándoa e disfrazándose, buscando provocar medo (ou polo menos risa) ao resto. Sen embargo, hai algo que diferencia a Halloween do resto de festas do calendario, e é o uso de emocións negativas (o medo, o susto) para divertir.

Pero non so está Halloween: moita xente consume películas, libros, videoxogos de terror. Pero… Porque o facemos? O facemos  porque dalgunha maneira gústanos pasar medo?

Dende un punto de vista biolóxico, o medo é unha resposta do noso organismo a un estímulo negativo, a un perigo como pode ser un depredador. É polo tanto un mecanismo de supervivencia.

Se o pensamos dunha forma racional non ten ningún sentido activar artificialmente este mecanismo. Non si?

Realmente o medo que pasamos cando vemos una película de terror non ten nada que ver co que viviríamos se a situación que nos provoca medo  fora real. Dalgunha maneira, o medo que che produce unha película é controlado, xa que en calquera momento podemos pechar os ollos e deixar de percibir o estimulo que nos inquieta.

Ademais sabemos que este estímulo nalgún momento acabará. Nese intre sentiremos unha sensación de alivio o que producirá un lixeiro momento de pracer ao noso cerebro. Como o ser humano sempre tratara de evitar aquelas experiencias dolorosas e escoller as pracenteiras, asociaremos as películas de terror como algo positivo.

En resumidas contas, durante este Halloween pasade moito medo, os vosos cerebros volo agradecerán.

About these ads

One response to “Por que nos gusta tanto pasar medo? É que somos parvos?

  1. Boa suposición! Non o pensara desa maneira. Ó final, os que se van de masocas son en realidade uns viciosillos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s