O sitema de D’Hondt

Aproveitando que as eleccións ao parlamento galego se celebraron hai pouco máis dunha semana, trataremos explicar o curioso sistema que se utiliza para repartir os deputados do parlamento. Dito sistema non se corresponde con algún dos sistemas que se nos puideran ocorrer a nós sós intuitivamente, senón que segue unhas curiosas regras co principal fin de darlle estabilidade ao goberno que se forme. O nome do sistema como xa podemos observar no título do artigo, é sistema D’Hondt en honor ao seu creador Victor D’Hondt.

Basicamente o sistema consiste en ir dividindo o número votos de cada partido entre 1,2,3,… . A continuación iranse escollendo os maiores cocientes, dándolle un deputado por cada cociente de votos que se colla do seu partido ata que se esgoten os escanos que ten asignados cada circunscrición. A continuación podedes ver unha táboa dun exemplo práctico que nos pode axudar a entendelo dunha forma máis sinxela:

Numero de deputados totais: 10

PARTIDO VOTOS 1:1 1:2 1:3 1:4 1:5 1:6 1:7
PARTIDO A 175 175 88 58 44 35 29 25
PARTIDO B 125 125 63 42 31 25 21 18
PARTIDO C 50 50 25 17 13 10 8 7
PARTIDO D 30 30 15 10 8 6 5 4
PARTIDO E 20 20 10 7 5 4 3 3
TOTAIS: 400

Como podedes observar, malia non ter o 50% dos votos o Partido A logra a metade dos escanos dispoñibles. En efecto, isto é un exemplo do que provoca este sistema, está pensado para afianzar as maiorías co fin de formar gobernos estables e evitar así a fragmentación do poder. Mais, todo isto acádase a costa de eliminar por completo as minorías (como podemos observar co que ocorre co Partido D e E).

A razón matemática deste suceso radica en que os votos non son totalmente proporcionais aos escanos, senón que cantos máis votos teñas máis fácil é obter os escanos. Isto lévanos directamente a plantexarnos un sistema alternativo no cal dita proporcionalidade sexa total. O primeiro que se me ocorre é o que temos na seguinte táboa, no cal o que facemos e dividir o número de escanos totais da circunscrición (10) entre o número de votos totais (400) así obtemos cantos escanos corresponden con cada voto (10/400=0,025 escanos por cada voto), para logo multiplicar dito valor polo número total de votos de cada partido. Finalmente coas regras de aproximación obtemos os escanos correspondentes a cada partido.

Exemplo:

Partido A – 175 votos ——- 175 * 0,025 = 4,375 ≈ 4 escanos

Numero de deputados totais: 10

PARTIDO VOTOS % VOTOS*ESCANOS/VOTO
ESCANOS
PARTIDO A 175 43,75% 4,375 4
PARTIDO B 125 31,25% 3,125 3
PARTIDO C 50 12,50% 1,250 1
PARTIDO D 30 7,50% 0,750 1
PARTIDO E 20 5,00% 0,500 1
TOTAIS: 400

Tan só é necesario botarlle unha pequena ollada para observar que malia estar xogando con exactamente os mesmos votos o resultado e bastante diferente. Agora todos os partidos obterían representación parlamentaria mais o goberno que se formara sería máis fragmentado e por conseguinte probablemente mais inestable, ao contrario que no anterior.

Mais isto non explica a razón de que partidos con moitos votos a nivel estatal consigan unha representación mínima no parlamento, non de acordo cos votos que obtiveron (caso de Esquerda Unida). A razón deste feito provén da división en circunscricións do territorio electoral, pero isto xa será tema dun artigo próximo, así que estade atentos.

Chegados a este punto o que nos toca preguntarnos é: cal cres ti que sería o sistema máis xusto e máis práctico. Cada un ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, animádevos a comentar e dar a vosa opinión ao respecto.

Ligazón externa | Simulador da sistema d’Hont

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s