Further up Yonder, é o título do traballo de Giacomo Sardelli, unha impresionante montaxe que nos gustaría compartir con vós, feita cas mensaxes que os astronautas da NASA nos mandan dende a ISS (Estación Espacial Internacional) ao resto dos humanos. Isto todo acompañado cunhas espectaculares imaxes tomadas dende esa tan privilexiada posición.
A continuación mostramos unha transcripción en galego das mensaxes:
A todos os cidadáns do noso planeta, a tripulación a bordo da primeira expedición da Estación Espacial Alfa está comezando a súa viaxe de exploración e descubrimentos, creando un punto de apoio para os homes e mulleres que viaxan e viven nos distintos lugares do noso planeta. Estamos abrindo unha porta cara o espazo para toda a humanidade.
A medida que viaxamos a redor do noso planeta, vemos un mundo sen fronteiras e todos desexamos que as nacións traballen xuntas pola paz e a harmonía. O noso mundo está cambiando dramaticamente, sendo esta ISS a proba física de que todas as nacións poden traballar xuntas en harmonía e promover a paz e a cooperación a escala mundial, loitando xuntas por un obxectivo que simplemente está fóra deste mundo.
Nesta noite, gustaríanos compartir con todos a nosa sorte nesta aventura espacial, o noso asombro e emoción ao contemplar o esplendor da Terra e a nosa forte sensación de que o espírito humano pode ver, explorar e descubrir que non ten límites.
Os tempos son difíciles por todo o mundo, pero este e o tempo de permanecer unidos e pensar en conservar o noso planeta, nós temos unha espectacular vista dende aquí.
Eu non sei vós, pero a min estanme entrando unhas gañas de coller un foguete e marcharme cara alí arriba…
Máis información | Blog persoal do autor