Noticia devastadora

Imos presentar neste artigo unha noticia que nos afecta directamente, é por iso que queremos comentala no blog.

Non é do noso agrado pero ao parecer recentes estudos afirman que o galego non é unha lingua axeitada para escribir artigos científicos.

O grupo de análise que fixo o estudo presentou todos aqueles motivos polos cales pensan que o galego non se debería usar en textos científicos:

1.

Carece de tradición científica: Non existen moitas publicacións científicas importantes en galego, polo que é moito máis difícil publicar novo material en galego sen as bases sólidas que teñen outras linguas.

2.

Esta destinado á desaparición: O galego é un idioma ao que posiblemente desapareza nun período medio de tempo, non ten moito sentido seguir escribindo artigos científicos xa que dentro duns anos non haberá case público que o entenda.

3.

Non ten un léxico axeitado: O léxico do idioma galego non é especialmente rico en termos científicos polo que a labor de redactar os artigos en galego é moito máis difícil que en outras linguas.

Temos que admitir que é unha noticia devastadora para este blog xa que nós tratábamos moitos temas científicos na nosa lingua.

E por estas razóns, dende  este blog vémonos obrigados a renunciar a un destes dous; ou ao galego ou a ciencia xa que son incompatibles, a nosa decisión foi deixar de publicar artigos científicos.

Se alguén non está de acordo coa noticia que faga a favor de ler só as iniciais de cada parágrafo.

Inocente-inocente_TINIMA20121227_0567_18

About these ads

Unha resposta a “Noticia devastadora

  1. Isto recórdame á que se montou onte en Twitter cando GALICIAENFURECIDA comezou a falar en castelan e con letras minúsculas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s