Un país, unha palabra

Unha mostra deste curioso mapa.

Unha mostra deste curioso mapa.

Pola man de Martin Elmer chéganos un curioso traballo. A este cartógrafo ocorréuselle elaborar un mapa en base á palabra que definira a cada país do mundo. Para iso, que mellor forma que elixir unha das palabras que máis se repetira durante a súa historia. Desta forma o autor recorreu a Wikipedia escollendo a palabra que aparecía máis veces nos artigos “Historia de …” (ignorando o nome do propio país, palabras sen significado léxico…). Finalmente superpoñería dita palabra no territorio de cada país.

O produto do seu traballo foi un mapa que denominou Laconic History of the World, a Breve Historia do Mundo. E como podemos observar na imaxe, o resultado obtido foi canto menos curioso. Unha das palabras máis repetidas no mapa, especialmente en Europa Occidental (incluída España) é a palabra WAR, que significa “guerra”.

Tamén se observa que en moitos países a palabra máis común é o nome da antiga colonia, sendo os británicos os que se levan a palma con 16 países; ou que algúns países teñen como palabra característica o nome do seu estado veciño (véxase o caso de Pakistan con India por exemplo).

A verdade é que o resultado non é moi representativo, no referido á caracterización de cada país, mais pode servir para facernos pensar sobre aspectos como o por que de que a guerra sexa tan importante na historia dos países Europeos.

Para unha versión do mapa máis detallada: Hugepic.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s