O eco do Big Bang

Big-Bang

É plenamente aceptado entre os expertos que a orixe do noso Universo está na chamada Gran Explosión ou Big Bang. Tras esta explosión o Universo comezaría a expandirse, o que provocou que a temperatura baixara drasticamente ata os 2,9 K actuais (uns -270 ºC). Isto leva consigo un aumento na lonxitude de onda nas radiacións electromagnéticas do cosmos ata o rango das frecuencias das microondas tan coñecidas polo seu uso nas cociñas domésticas. Todo isto daría lugar a chamada radiación cósmica de fondo de microondas.

Esta radiación e moi abundante por todo o Universo, e é facilmente observable por calquera de nós, tan so necesitamos unha televisión que reciba a sinal analóxica.

A neve dos televisores son restos da Gran Explosión.

A neve dos televisores son restos da Gran Explosión.

Agora cos novos receptores da TDT xa non pasa, mais moitos recordaredes o que se vía nunha televisión cando esta estaba mal sintonizada. A chamada “neve” que viamos na pantalla era produto de multitude de ondas de distintas frecuencias que produce a natureza, e unha parte de esa radiación (sobre un 1%) correspóndese coa anteriormente mencionada radiación cósmica de fondo de microondas.

Así, sentado fronte ao teu televisor, estás vendo o eco do Big Bang, un residuo fósil e un frío vestixio dunha era antiga na cal dunha gran explosión xurdiría da enerxía, xunto coa materia, un océano de luz e radiacións, mentres que unha morea de partículas se ensamblaban formando átomos e moléculas conducindo á formación de galaxias, estrelas, planetas e todos os seres vivos coma nós que os habitamos.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s