Que son as ondas moduladas?

Como seres humanos temos a capacidade innata para transmitir e recibir información de outros conxéneres.

Aínda que existen moitos métodos de transmitir información neste artigo trataremos a forma de transmisión de información por e excelencia: por medio de ondas.

antena 2

Pódense crear ondas  facilmente, a onda máis sinxela que podemos crear é unha onda sinusoidal, o problema que encontramos nunha onda sinusoidal é que non pode levar información de seu.

sinX

Para que a onda poida transmitir información, temos que modulala.

Modular unha onda quere dicir varialle algún parámetro de forma controlada. O parámetro escollido determinará o tipo de modulación, existen moitos: modulación da amplitude (AM), modulación da frecuencia (FM) modulación da fase(PM)….

Un dos exemplos de modulación mais sinxelos é o que obtemos se superpoñemos dúas ondas sinusoidais da misma frecuencia e amplitude pero lixeramente desfasadas. Obtemos unha onda coa ampitude modulada.

modulado

Con este tipo de ondas xa somos capaces de enviar información.

Calquera tipo de onda se pode modular para enviar unha mensaxe, pero sen dúbida as ondas máis empregadas para enviar información son as electromagnéticas debido en parte á súa velocidade e a que non é necesario ter un medio para que se poidan transmitir.

En realidade este proceso de transmisión de información a través de ondas é moi común.

O primeiro exemplo da modulación de ondas que se nos ven a cabeza seguro que son as ondas de radio ou da televisión (ondas electromagnéticas)

Pero este proceso  é moito máis cotiá do que ti pensas, de feito, cando falamos con outra persoa non facemos outra cousa que perturbar o aire de forma que se xeren ondas moduladas para que outra persoa as capte e entenda a mensaxe.

Así que xa sabes a próxima vez que fales con alguén recorda que o que estás facendo esencialmente é usar a física para transmitir información.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s