Cántas civilizacións avanzadas hai no universo?

Existirá algún planeta como Pandora de James Cameron?

Existirá algún planeta como Pandora de James Cameron?

Seguramente moitos de vós vos tedes preguntado se en realidade estamos sós no universo ou se existen algúns outros planetas que alberguen vida a parte do noso, e se incluso esa vida pode ser intelixente coma no caso do ser humano terrestre. As opinións son variadas nestas cuestións dende a negación absoluta dalgúns sectores ata a crenza en non só a súa existencia senón tamén nas visitas que presuntamente estes seres fan ao noso planeta.

O certo é que, por incrible que pareza, que existe unha fórmula que tenta estimar o número de civilizacións intelixentes capaces de contactar con nós, dentro da nosa galaxia. O autor desta curiosa ecuación é un astrónomo estadounidense, Frank Drake (non confundir co famoso pirata e explorador británico Francis Drake). Dita ecuación é a seguinte:

N = R* · fp · ne · fl · fi · fc · L

Vista así a fórmula parece unha sucesión de letras ao azar escollidas polo autor nunha noite de insomnio, máis a continuación poñemos o que significa cada abreviatura, xunto coa estimación inicial feita polo propio Drake:

  • R* → Ritmo de formación de estrelas capaces de albergar planetas ao seu redor = 10 estrelas/ano
  • fp → Porción de estas que realmente albergan ditos planetas = 0.5 (a metade de estrelas teñen planetas)
  • ne → Número de estrelas con planetas orbitando dentro da “zona habitable” desta = 2 estrelas.
  • fl  →  Fracción destes planetas nos que apareceu a vida = 1 (todos os planetas poderían ser potencialmente capaces de conter vida)
  • fi  → Fracción nos cales prolifereu a vida intelixente = 0.01 (1%)
  • fc  → Fracción nos que dita vida intelixente está tratando de comunicarse con outras civilizacións = 0.01 (1%)
  • L → Período de tempo no que a vida intelixente dun planea pode sobrevivir = 10 000 anos.

Substituíndo os valores na formula Drake chegaba a un resultado de 10 civilizacións capaces de contactar con nós. Dicir que todos estes datos son elixidos moi ambiguamente e non existe unanimidade entre os expertos no seu valor real; chegando a variar o resultado final obtido dende menos de 1 ata varios milleiros segundo o científico que elixa os datos.

Así e todo non deixa de ser curioso que  poida existir unha fórmula para calcular se realmente estamos sós ou se o universo e moito máis poboado do que poderíamos pensar nun principio.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s