Os videoxogos, unha arte

Arte e videoxogos

Todos sabemos que os videoxogos, da mesma forma que o resto das novas tecnoloxías de entretemento, están collendo cada vez máis importancia dentro da nosa sociedade. Son cada vez máis os rapaces (e non tan rapaces) que son afeccionados ao ocio dixital. Tanto é así que nalgúns casos, como o do xogo online “League of Legends”, estase comezando a profesionalizar o seu xogo; pasando a ser unha forma de gañarse a vida.

O avance das tecnoloxías é vertixinoso, e isto permite que o entretemento dixital faga cada vez máis sofisticado, perfeccionando tanto aspectos gráficos como os elementos da xogabilidade. Isto axuda a que os desenvolvedores cada vez estean menos limitados na creación, posibilitando a existencia dunha gran variedade xéneros.

Desta maneira podémonos atopar dende xogos casuais como o popular Angry Birds nas plataformas móbiles ata a case película interactiva na que ti decides o destino dos teus personaxes como é o caso de Heavy Rain para PS3, sen esquecernos, por suposto, do omnipresente Mario das consolas de Nintendo.

Mais os avances non se quedan aquí,  o recente anuncio da PlaySation 4 -a nova consola de Sony- estanos permitindo abrir unha ventá que nos amosa como serán os videoxogos nun futuro non moi afastado. Froito disto son os novos motores gráficos que por primeira vez nos farán comezar a dubidar de se o que estamos vendo é real ou virtual.

Non obstante, non todo é potencia gráfica. O apartado sonoro tamén comeza a ter un calidade equiparable, e nalgúns casos superior, as do sector cinematográfico. Nótase que os xogadores agradecemos e valoramos esas épicas melodías que nos acompañan nas nosas aventuras, facendo mais levadeiros os numerosos obstáculos aos que nos enfrontamos. Así podemos ver a compositores de Hollywood como Hans Zimmer (famoso por ser o autor da banda sonora de Pirates of the Caribean ou Gladiator, entre outras moitas) realizando a música do Call of Duty: Modern Warfare 2.

Outro exemplo da calidade destas producións podémolo atopar na lista das 300 mellores obras de música clásica votadas polos usuarios dunha cadea de radio británica Classic FM. Se observamos as dez primeiras obras da lista poderemos atopar as bandas sonoras de dous videoxogos: Final Fantasy e The Elder Scrolls: Skyrim. Dicir que a pesar de non ser moi representativo en canto a calidade se refire (as votacións foron abertas ao público), danos unha mostra do interese que esperta esta música na sociedade.

Por todo isto, é cada vez máis a xente que comeza a ver os videoxogos como auténticas obras de arte, e a verdade é que razóns non lles faltan para pensar desta maneira.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s