A orixe dos topónimos galegos (V): Vigo

Fermosa escultura situada na Praza de España. Fonte: Contando Estrelas

Fermosa escultura situada na Praza de España. Fonte: Contando Estrelas

Pasou xa bastante tempo dende o último artigo da serie A orixe dos topónimos galegos. Tras percorrer todas as capitais de provincia, imos agora coa cidade máis poboada de Galicia: Vigo.

Existe certa unanimidade entre os expertos en que a orixe do topónimo de devandita cidade está situada, como adoita a ser habitual, no contexto latino. Vigo provén do étimo vicus, que curiosamente significa “aldea ou pequeno lugar poboado”. A evolución etimolóxica e similar á do caso de Lucus → Lugo. O “c” sufriría unha sonorización e o grupo “-us” evolucionaría como pasa noutras moitas palabras.

Malia que nun principio poida parecer que dito topónimo fora adoptado na época da Gallaecia romana o certo é que todo parece indicar que non foi así. Vigo é a segunda cidade con maior cantidade de restos arqueolóxicos romanos despois de Lugo e todo parece indicar que, na época, Vigo era un gran porto pesqueiro; polo que resulta difícil de crer que se lle denominara con nome de vicus ­–aldea-. Isto é o que defende o historiador do CSIC Manuel Santos Estévez na súa tese.

Porto deportivo de Vigo

Porto deportivo de Vigo na actualidade.

Este historiador chega á conclusión de que a cidade de Vigo na época romana denominábase Burbida e que o nome de Vicus foi adoptado no s. VI na alta idade media; debido a que tras a caída do imperio romano a antiga Burbida colapsouse da mesma forma que o imperio quedando reducida a unha pequena aldea.

Tras ver o significado de vicus, cabe pensar que é probable que o topónimo Vigo non sexa exclusivo da gran cidade pontevedresa. É o caso Vigo de Sarria (Lugo), Vigo dos Toxos (A Coruña) ou Vigo de Galegos (Lugo).

Outra curiosidade do étimo vicus é que é a orixe etimolóxica de veciño, que na actualidade define ao habitante de calquera poboación en xeral, nun principio debeu referirse aos habitantes de pequenas aldeas ou vicus. Polo que o xentilicio etimolóxico de Vigo sería veciño e non vigués, formado a partir do topónimo moderno. Así que case podemos dicir que os vigueses son os veciños por excelencia de todos os galegos.

Máis en erdati | A orixe dos tópinimos galegos

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s