San Xoán, “Noite Meiga”

A noite de San Xoán, con orixes anteriores á chegada do cristianismo, é unha festa que se celebra ó longo de toda Europa.

Tradicionalmente, era unha festa pagá na que os sucesos paranormais eran máis posibles ca nunca.

Co paso do tempo foise cristianizando até adoptar o nome co que a coñecemos a día de hoxe.

Coincide dun xeito moi próximo co solsticio de verán e de feito existe a teoría de que a orixe desta festa débese a celebrar dominio do lume polo home.

Así, a costume máis extendida de celebrar San Xoán é cunha fogueira (tamén coñecidas como cacharelas, lumaradas…).

Debuxo de Catelao

Debuxo de Castelao

Costumes

Días antes da noite de San Xoán, empeza a odisea de recoller madeira, canta máis, a lumarada será máis grande e se verá dende máis lonxe.

É de bo gusto acompañar a velada con sardiñas, churrasco etc

Ademais, os máis valentes, poderán saltar a cacharela 3, 7 ou 9 veces segundo marca a tradición (3 pola santa Trinidad; 7 que significa a totalidade e 9, a perfección, 3 veces 3).

Por suposto, todo varía dependendo da zona.

Símbolos

As plantas: Como noite meiga que é, dota ás plantas de propiedades máxicas, por iso, o simbolismo destes elementos.

A auga: Símbolo especialmente importante en zonas como Ourense. De novo, as propiedades curativas intensifícanse nesta noite e acódese a ríos e fontes coa intención de realizar rituais para afastar males.

queimada

A queimada: Non é un símbolo único de San Xoán, vese noutras datas pero toma especial interese nesta época debido ás connotacións máxicas que leva asociada.

A tradición marca a necesidade de recitar unhas palabras durante a preparación da bebida.

Vexamos a forza que toman as supersticións nesta época do ano a través do conxuro que se lle bota á queimada:

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. 
Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Podres cañotos furados, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte, fociño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes,

corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, ruxido da mar embravecida. 
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira,

guedella porca da cabra mal parida. 
Con este cullerón levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno,

e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,

índose bañar na praia das areas gordas. 
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.
E cando esta queimada baixe polas nosas gorxas,

quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. 
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada:

 si é verdade que tendes mais poder que a humana xente,

aquí e agora, facede cos espíritos dos amigos que están fora,

participen con nos desta queimada.

 

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s