Por qué as pelotas de golf teñen “oquiños”?

Moitas veces cando usamos obxectos cotiás non nos paramos a pensar porque teñen unha determinada forma cando o máis seguro é que a súa forma non sexa para nada casual.

Un exemplo son as bolas de golf, o normal é que unha pelota de golf teña centos de buracos por toda a súa superficie, pero: Por que é así? Por que non son lisas como as pelotas de fútbol ou as pelotas de baloncesto?

pelota-de-golf

O certo é que non sempre foi tan evidente que as bolas de golf tiveran eses “oquiños” (que en realidade se chaman alvéolos), de feito nun principio eran lisas. Pouco a pouco os golfistas empezaron a decatarse que aquelas bolas con máis imperfeccións chegaban máis lonxe. Polo que os fabricantes de pelotas de golf empezaron a engadir estas imperfeccións aos seus deseños. No ano 1905 o deseñador e fabricante inglés William Taylor patentou estes alvéolos.

Pero cal é a razón de que as bolas con alvéolos voen máis que as lisas?

A explicación do porqué pode dala a aerodinámica, principalmente é debido a dous efectos físicos:

Unha das razóns de que os obxectos en movemento no aire se freen é que detrás de eles deixan unha rexión onde o aire case non se move, canto maior sexa esta zona a resistencia aerodinámica será maior, o que fan os alvéolos é diminuír a separación da capa de aire que rodea a pelota polo que a rexión de aire de baixa presión diminúe e a resistencia aerodinámica tamén o fai.

pelota-golf-hoyuelo

Os futbolistas para darlle efecto ao balón fan que este xire sobre si mesmo, así conseguen que a traxectoria se curve no aire, a física que se agocha detrás disto é o que se coñece como o efecto Magnus. Pois ben, este efecto que empregan os futbolistas para que o balón sorprenda ao porteiro tamén é usado para que unha pelota de golf se manteña máis tempo no voando. Os alvéolos intensifican o efecto Magnus polo que axudan a aumentar o tempo da pelota no aire.

Nos anos 70 a empresa fabricante de pelotas de golf Polara creou unha bola cunha distribución asimétrica dos alvéolos, estas pelotas reducían algúns efectos raros que tiñan as pelotas normais no voo. Non obstante esta vez, a Asociación estadounidense de golf prohibiu o seu uso en competicións xa que segundo eles, reducía a destreza necesaria para xogar ao golf. A empresa Polara demandou á asociación, recibiu 1,4 millóns de dólares e finalmente retirou a pelota do mercado.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s