A teoría da mente

neuronas

Existen numerosas condicións que nos fan, ao ser humano, un ser intelixente. Unha delas é a chamada teoría da mente. Non estamos a falar dunha tese científica como poderíamos pensar nun primeiro momento, senón que estamos a falar dunha capacidade propia e poida que única do ser humano. Dita capacidade habilítanos para poder sentir emocións, desexos, coñecementos… tanto nosas como as dos demais. Dito de outra maneira, a habilidade para poñernos na pel do próximo.

Esta capacidade é innata no ser humano pero de forma potencial. Isto quere dicir que malia non a necesitar aprender, esta habilidade non esta “activada” ao nacemento, senón que se adquire a idade de 3-4 anos. O seu desenrolo pode variar segundo a persoa, pero unha vez adquirida a teoría da mente pasará a ser unha ferramenta esencial no pensamento de cada un, a pesar de que non sexamos plenamente conscientes dela. Digamos que a usamos de un modo intuitivo.

Un claro exemplo do uso que lle damos a esta habilidade son os prexuízos. O feito de atribuír calidades a unha persoa con tan só botarlle unha ollada móstranos como somos capaces de imaxinarnos que se sinte ao ser esa persoa. É importante o feito de que imaxinamos, facemos pescudas de que pode sentir; isto non quere dicir que o que pensemos sexa certo. Senón estaríamos a falar de telepatía.

O pouco ou nulo desenrolo da teoría da mente esta relacionado con diversos problemas mentais como o autismo ou a esquizofrenia. Unha forma de detectar a falta desta capacidade é o chamado test de Ana e Sally. Este sinxelo pero interesante experimento consiste na presentación dun pequeno conto ao individuo para que logo contestara a una pregunta:

Ana e Sally eran dúas irmás que tiñan un cesto e unha caixa na súa habitación. Un día, Ana colleu unha bola e meteuna no cesto. Despois de facer isto ela sae do cuarto. Para facerlle unha broma, mentres Ana estaba fora, Sally colleu a bola e meteuna na caixa. Ao chegar, a que sitio iría Ana a buscar a bola?

Unha viñeta ilustrando o problema

Unha viñeta ilustrando o problema

Todos os que posúen a teoría da mente contestarían que Ana iría buscar a bola ao cesto porque ela, ao estar fora, non tería maneira de saber que Sally cambiara de sitio a bola. Mais por incrible que pareza tanto os nenos menos de 3-4 anos como os nenos que padezan algún tipo de autismo contestarían que Ana iría buscar a mazá á caixa. Para os incrédulos mostramos a continuación un vídeo no que se pon en práctica dito test:

Como podemos imaxinar, a teoría da mente está presente na maioría das persoas, mais moitas veces parece que a xente fai caso omiso ao que esta lles di. Senón so temos que pensar nas veces que se fire a alguén xa sexa física ou psicoloxicamente, sen tentar poñerse na pel do próximo máis frecuentemente; desta maneira poderíase evitar facer moito dano.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s