Monumentos de Galicia: “Millenium”

Como todas as cidades, a Coruña ten a súa historia, grandes batallas, heroes… que todos os habitantes da cidade deberían coñecer.

Xuntemos, pois todos estes sucesos, coa chegada dun novo milenio, o principio dunha nova etapa na historia da Coruña.

Que mellor xeito de conmemorar isto co obelisco que coroa unha das puntas do paseo marítimo da metrópole? O Millenium.

En efecto, con motivo da chegada do ano 2001, inaugurouse o 1 de xaneiro deste mesmo ano un dos elementos característicos da cidade de cristal.

Obelisco Millenium

Arquitectura

Estamos ante unha estrutura de case 50 metros de alto, onde unha cuberta de 2 toneladas de aceiro envolve 176 cristais traídos dende holanda.

Está pensado, ademais, para ser iluminado dende o seu interior polas noites, coa axuda de 142 focos de luz e 53100 volts.

Pero un novo milenio merece algo máis ca un par de cristais ben iluminados.

Se contemplamos os 13 primeiros metros do monólito, estaremos a ver parte da historia da Coruña.

Estaremos a ver como as tropas francesas vencían ás inglesas na batalla de Elviña, estaremos a recordar a María Pita, estaremos vendo como Alfonso IX outorgaba en 1208 a carta de poboación co que a cidade quedaba recoñecida como tal ou como Carlos I partiu en barco para ser coroado emperador.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s