As Fobias

Unha fobia é un trastorno de ansiedade que se caracteriza por sentir un medo desproporcionado e irracional ante certos obxectos ou situacións. Na vida real estas situacións practicamente non levan asociado perigo, pero na mente da persoa que padece fobia, a sensación de perigo multiplícase.

Non se pode confundir as fobias co medo (artigo sobre o medo). A diferenza principal entre eles radica en que o sentimento de medo é racional. E dicir a alguén que sinte medo de algo pode falar do asunto e explicar as causas de dito medo. En cambio alguén cunha fobia so reaccionará fuxindo do asunto.

A persoa que sinte a fobia tratará a toda costa evitar o estímulo reaccionando con ansiedade. É por isto que unha fobia pode converterse en algo realmente molesto para a vida diaria dunha persoa.

Scared_Girl

As fobias son sempre trastornos adquiridos, non nacemos con elas. Por exemplo, as fobias poden aprenderse: se un neno observa a resposta de ansiedade de algún dos seus pais ante un estímulo, pode aprender esa resposta e adquirir unha fobia. A maioría das fobias adquírense na infancia, moitas veces aparecen mediante a asociación da resposta de medo a unha experiencia desagradable ou traumática.

Algunhas fobias son coñecidas por todos, como a aracnofibia ou a claustrofobia. Non obstante, existen fobias de todos os tipos e moitas delas son estrafalarias.Existen fobias tan raras como : a Abliutofobia (fobia a bañarse ou limparse), a Filofobia (fobia a namorarse) ou ata a Hippopotomonstrosesquipedaliofobia (que paradoxicamente é a fobia as palabras longas)

As fobias poden clasificarse en fobias específicas e fobias complexas.

Fobias específicas: Implican medo desproporcionado sobre certas situación criaturas lugares ou cousas.Un exemplo é a aracnofobia.

descargad

Fobias complexas: Están relacionadas a un temor profundamente arraigado ou ansiedade con certas situacións ou circunstancias. Adoitan ser máis incapacitantes que as fobias específicas. Un exemplo é a fobia social.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s