A pirámide olfactiva

piramideolfativa

Moitas veces cando nos gusta o perfume de alguén o que facemos é preguntarlle o nome de dita fragrancia para logo tentar conseguilo nós. Unha vez na tenda buscamos a marca do perfume e botamos un pouco na man para volver a ulir o agradable arume que recordábamos, mais, para a nosa sorpresa o olor que desprende a nosa man non é exactamente igual ao que nos lembrábamos. Non obstante, unha vez pasados uns dez minutos cando xa comezamos a pensar que a nosa mente nos enganou ou que o perfume non é o correcto, volvemos a acercar a nosa man cara o nariz e incriblemente agora o olor si que coincide co dos nosos recordos.

Todo isto débese a como está construído o perfume e aos compoñentes que o forman. Xeralmente, e simplificando bastante, as colonias constitúense de distintas fragrancias simples de tipo floral, cítrica, amadeirado, etc. Todos eles teñen unha distinta volatilidade, intensidade ou durabilidade o que fará que non todos poidan percibirse no mesmo momento.

Para isto se crean as chamadas pirámides olfactivas. Estas constituirán unha maneira sinxela de representar todas as fases, chamadas notas, que posúe o perfume do que esteamos a falar.

pirámide

Esquema da chamada pirámide olfactiva.

A citada pirámide está formada por ter partes, como podemos ver na imaxe:

  • Notas iniciais ou de saída. Son os primeiros que percibimos e polos que seguro un cliente se decantaría ao comprar unha colonia. Son debido á súa alta volatilidade serán de moi curta duración. En xeral pertencen a este grupo os arumes cítricos (de froitas).
  • Notas de corpo ou de corazón. Como o seu nome indica compón o que é a base da fragrancia. Son arumes moi poderosos e a súa duración máis prolongada fará que volvamos comprar ou non a colonia.
  • Notas de fondo. Estas tardan moito en percibirse, polo que sairán a relucir cando as demais notas comecen a deixar de percibirse. A súa persistencia, debido a súa lenta evaporación, axudará a dar carácter á fragrancia. A este grupo pertencen arumes como madeiras, ámbar, almiscres ou especias.

A pesar de todo non debemos esquecer que isto tan só en unha división simplificada e esquematizada de como funciona un perfume. Na actualidade o funcionamento adoita a ser un pouco máis complexo.

Así que nunca debemos xulgar algo; xa sexa una colonia, un obxecto ou unha persoa; pola primeira impresión porque poida que detrás se agoche unhas notas de corazón moi agradables.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s